Saturday 16 de November de 2024

A Xunta inviste máis de 276.000 euros na mellora do saneamento no concello das Pontes grazas ao Fondo de Compensación


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o Tenente de Alcalde da localidade José Alén asinaron as actas correspondentes á recepción das obras

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao terceiro Tenente de Alcalde da Pontes de García Rodríguez, José Alén, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
En total, investíronse 276.400 euros en diferentes actuacións medioambientais. En concreto, a subvención dedicouse á mellora na rede de saneamento en Goente, na rúa da Fábrica, na Cuveliña e no bloque E do poboado da Fraga. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.
No caso das Pontes de García Rodríguez, o municipio alberga 139 aeroxeneradores e máis de 56 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.