Saturday 16 de November de 2024

Casting para participar nunha Gala Solidaria en favor da liga Reumatolóxica Galega que se celebrará en Riveira en xuño


Dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 18 anos

Riveira dará cabida dentro de dous meses a unha Gala Solidaria en favor da Liga Reumatolóxica Galega e, con tal motivo, dende a organización se vén de impulsar un casting online onde os rapaces e rapazas con idades de entre 3 e 18 anos poden demostrar a súa vis artística e participar no festival.

A tal efecto, os interesados deben mandar uns vídeos cantando ou bailando á conta de correo asnosasestrelas@gmail.com. Dispoñen ata o 20 de maio para facelo.

A continuación, unha comisión integrada por directivos da Liga Reumatolóxica e xente do mundo da moda realizará a selección dos máis destacados, que participarán o 18 de xuño na citada gala solidaria, organizada no marco do Xuño da Cultura e as Artes.

Zulema Vázquez
A comisión estará presidida pola modelo riveirense Zulema Vázquez Rey, Miss Mundo Galicia 2016, Estrela de Ouro 2014 e Dedal de Ouro 2014, entre outros recoñecementos.