Friday 22 de November de 2024

Presentación do libro “Vivir el jazz”


Presentación do libro “Vivir el jazz”, de Manel R. Mantiñán, celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña. Ao acto de presentación do libro. editado pola Deputación da Coruña, asistiu o presidente Diego Calvo, que definiu a obra como “algo máis que un libro”, xa que, segundo dixo, “recolle unha verdadeira historia de amor, desas que non rematan nunca, entre o autor e o jazz,”. O titular provincial insistiu ademais na “lección de historia musical” que ofrece o autor ao relatar, a xeito de biografía, como foi a chegada do jazz á cidade da Coruña.
O acto contou con numeroso público e coa participación do pianista Gonzalo Rubalcaba, autor ademais do prólogo do libro.