Thursday 21 de November de 2024

Clausurado o segundo curso sobre dependencia e coidados de Riveira


As aulas formativas da rúa Cristóbal Colón deron cabida esta mañá á clausura do segundo curso sobre Dependencia e Coidados organizado pola fundación Humanismo e Democracia (H+D) en colaboración cos Servizos Sociais de Riveira. Participaron 30 persoas.

A actividade constou de 40 horas teóricas (en horario de 10 a 13 horas) e 10 prácticas co obxecto de formar a profesionais ou familiares que traballen e/ou convivan con persoas dependentes co fin de mellorar a calidade de vida deste tipo de usuarios.

O temario comprendeu distintas materias como conceptos básicos sobre dependencia, envellecemento activo e prevención de dependencia, problemas asociados á dependencia, recomendacións para o coidador, habilidades sociais, preparación e elaboración de menús, hixiene e medicación, xestión de tempo e solución de imprevistos e orientación laboral.

Na clausura estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño Rey.