Saturday 16 de November de 2024

Veciños e veciñas de Frades participan nunha viaxe cultural á Casa das Ciencias e ao Museo de Belas Artes da Coruña


Un total de 44 veciños e veciñas de Frades, na súa maior parte nenos e nenas, participaron durante a xornada de onte martes nunha viaxe cultural á Coruña programada polo Concello de Frades dentro do seu programa especial de conciliación de Semana Santa. Unha viaxe na que os participantes estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra.

A expedición saíu ás 10:00 horas de Frades para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario, onde os nenos e nenas participaron en varios obradoiros e gozaron das actividades interactivas que ofrece este museo. Tras repoñer forzas cun xantar no centro comercial Marineda City, a expedición realizou unha visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña.