Friday 22 de November de 2024

Remata en Frades a segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, que formou a 21 veciños e veciñas ao longo dos dous últimos meses


Un total de 21 veciños e veciñas de Frades participaron na segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades e que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses en xornada de sábado. En total foron 28 horas de formación, 20 prácticas e 8 teóricas, nas que o alumnado aprendeu técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de prantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc.

Os concelleiros de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, foron os encargados de entregarlles aos alumnos e alumnas os diplomas acreditativos, antes do inicio dun xantar de despedida nun local de Frades.