García Patiño dará conta ao pleno da reprobación do edil, aínda que asegura que o asunto se ha “sobredimensionado”
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, e o primeiro tenente de alcalde, Juan Evaristo Rodríguez, compareceron este medio día ante os medios de comunicación para aclarar a polémica xurdida no día de onte pola misiva enviada pola Concellería de Deportes dirixida ao Real Club Celta de Vigo.
O alcalde asegurou que durante a Xunta de Goberno Local abordouse a polémica e acordouse por unanimidade de todos os membros do executivo reprobar a actuación de Dani Carballada neste asunto.
2Como alcalde quero pedir desculpas ao Concello de Vigo, ao Celta de Vigo, aos seus afeccionados e por suposto aos veciños/as de Cambre aos cales represento e representamos. Este feito tennos que facer pensar na responsabilidade dun representante político, máis se cabe desde un goberno”
“Onte púxenme en contacto co presidente do Celta de Vigo Carlos Mouriño, pedinlle desculpas en nome do Concello de Cambre, aceptou as desculpas e comentou que non facía falta, que entendía que era unha broma e que se sobredimensionó. Mesmo nos convidou ao palco de Balaídos. Tamén trasladei as miñas desculpas ao Concello de Vigo a través do gabinete do alcalde de Vigo.”
Asegura que este acto débese dimensionar na súa xusta medida, ?teremos que ver onde poñemos o listón para pedir un cesamento ou unha dimisión?. Entende que foi un erro grave, de mal gusto, desafortunado, e reprobable, pero non comparte a opinión sobre a dimisión dunha persoa que está a traballar ben na súa concellería e que ?cometeu un erro primeira vez e pediu desculpas a todos os que se viron afectados, en especial ao Celta de Vigo e a todos os seus afeccionados así como a todos os veciños de Cambre?.
2Quero resolver este tema dando coñecemento ao pleno da reprobación pública desta actuación e sen máis dándolle a repercusión debida”
Doutra banda, preguntado sobre a situación do edil Brais Cubeiro, que onte presentou a súa renuncia oficial, o alcalde deixou claro que a súa intención é convencer a Cubeiro de que recapacite polo ben dos veciños de Cambre, “porque está a facer un gran traballo e este erro, que nin sequera cometeu el, non pode apartalo da política”. “Brais está a traballar duro na súa concellería para mellorar en todas as facetas o deporte cambrés e sería unha pena que o deixase por este tema”, apuntou.
En canto ao concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, pediu, de novo, desculpas publicamente e asumiu o seu erro: ?enviar unha carta desde un departamento oficial. Un erro puntual que non pode botar por terra ou traballo ben feito de varios meses. Ou noso cargo está a disposición do alcalde as 24 horas ao dia?.
“Nembargantes, a presión mediática sofrida onte fai madeixa e faite pensar em deixarlo ou non. Neste caso, podar a miña responsabilidade con Cambre. Foi unha intención sarcástica, unha broma que non tinga que producirse nunca. Non é ou labor dunha administración pública. Estivo mal feito. Tivo unha repercusión mediática enorme que nunca pensamos. Foi unha misiva con retranca sobre un tema de actualidade que nunca debemos enviar”.