O Concello de Frades organiza unha charla gratuíta sobre a vespa velutina, que irá acompañada dun obradoiro de realización de trampas e atraentes caseiros. Unha xornada que terá lugar o venres 28 de abril, de 21:00 a 23:00 horas, no multiúsos do Concello de Frades. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse no Concello ou chamando ao 981 695 567.
A charla está dirixida a todos os veciños e veciñas de Frades que queiran coñecer algo máis sobre a vespa asiática, unha especie foránea devoradora de insectos polinizadores como as abellas e que causa prexuízos económicos nos sectores apícola e frutícula. Unha charla que terá lugar nun tempo no que se está producindo a creación dos niños primarios por parte das novas raíñas, polo que é importante localizalas a tempo para proceder á súa retirada.
A maiores, os asistentes participarán nun obradoiro de realización de trampas e atraentes caseiros para capturar estas vespas. En total, a xornada terá unha duración aproximada de dúas horas.