Friday 22 de November de 2024

Cambre entrega á familia de David Pisani a Cruz de Servizos Distinguidos outorgada pola Asociación Nacional de Agrupacións de Protección Civil


O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, entregou a “Cruz de Servizios Distinguidos” a título póstumo á familia de David Pisani, ex responsable do Servizo de Emerxencias.

A Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España, acaba de conceder a título póstumo a David Pisani Rego a “Cruz de Servicios Distinguidos” na categoría de bronce, da cal se nos fixo entrega o pasado 25 de marzo nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública ( A Estrada-Pontevedra).

O alcalde lembrou a traxectoria de Pisani como profesional do Concello e asegurou que “os cambreses sempre estaremos en débeda con el”.

Asemade, agradeceu á Asociación Nacional de Asociacións de Voluntarios de Protección Civil a decisión de outorgarlle a Cruz de Servizos Distinguidos. “Sempre lembraremos a David polo magnífico Servizo de Emerxencias que ten Cambre e que el mesmo, co seu esforzo, puxo a funcionar”, apuntou.

No acto interveu a irmá de Pisan, Lorena Pisani, con un emotivo discurso de gratitude, e o actual responsable do Servizo, Manuel Varela Souto, que lembrou anécdotas co seu compañeiro.

O alcalde entregou a Cruz á viúva de Pisani, e a concelleira de Seguridade, Maria Vázquez, entregou á nai de David un ramo de flores.

Póla súa banda, a Agrupación de Voluntarios agasallaron a filla e ao sobriño do homenaxeado cunha camisola pequena do Servizo de Voluntarios.

David Pisani comezou a súa traxectoria en 1996 como Policía Local de Cambre e en 1999 comezou a colaborar de modo altruista con Protección Civil. En 2001 púxose á fronte da agrupación como presidente e a partir desa data a agrupación de voluntarios de Cambre pasou a ser referencia na comarca.

En 2003 accedeu ao posto de coordinador do Servizo de Emerxencia e Protección Civil de Cambre, desde onde impulsou iniciativas pioneiras.