Friday 22 de November de 2024

Comeza a iniciativa cultural “Noutrora”


Noutrora arranca hoxe no Parque da Igrexa ás 18.00 horas, unha iniciativa municipal a xeito de Feira de Época que nace como experiencia piloto para perfeccionarse, ampliarse e abrirse aínda máis ao tecido asociativo, social e cultural de Cambre.

O grupo de baile xuveníl da Escola As Mariñas, abrirá lume no auditorio do Parque da Igrexa ás 18:15 h, ás 19:00 haberá teatro infantil, co espectáculo clown O Mundo de Nono e ás 20:00 Roberto Sobrado e a súa Blues Dúo Band pecharán as actividades do primeiro día de Noutrora no centro mesmo da vila de Cambre.

Desde o Concello resaltase a importancia, argumenta Carballada, de ofrecer unha alternativa cultural interxeracional a custe cero nun periodo de lecer coma o da Semana Santa e incidese na necesidade de darlle vida a Cambre durante un periodo de tempo onde a xente busca noutras localidades as ofertas lúdicas e culturais que non atopa en Cambre, remarca que se agarda a colaboración do conxunto de forzas vivas e cidadáns a título individual para lograr levar adiante o evento.