O Concello de Cambre lamenta as molestias ocasionadas aos veciños/as ante os episodios de auga turbia que se están a producir durante estes días no término municipal de Cambre,
Por desgraza, o problema é alleo a este Concello xa que foi debido a un cambio de réxime no bombeo da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de A Telva.
Segundo información facilitada por EMALCSA, unha vez coñecida a incidencia, procedeuse a tomar mostras de auga comprobando que se encontraba totalmente dentro dos límites adecuados para o consumo, descendendo o parámetro de turbidez progresivamente, de xeito que na madrugada de onte, xa se recuperaran os estándares habituais.
Non obstante, no Concello de Cambre, seguíronse a dar episodios de auga turbia en diferentes zonas do término municipal, debido a que é necesario que pasen al menos dous días, para que se elimine por completo o problema residual de turbidez.
O Concello de Cambre mantivo conversas cos responsables de EMALCSA nas que se lles manifestou o descontento coa xestión realizada para solventar o problema, a duración do mesmo e sobre todo coa falta de información facilitada ao respecto.
Calquera pode entender que nas infraestruturas se produzan imprevistos, pero o que se lle pediu a EMALCSA é unha maior eficacia, tendo un menor tempo de resposta, así como que sexa facilitada información inmediata de calquera incidencia, sobre todo, se ésta ten repercusión nos veciños/as.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, ditou un bando para informar á veciñanza da problemática xurdida na Estación da Telva.