Friday 22 de November de 2024

Temas pop e folk protagonizarán mañá venres o derradeiro concerto do VII Festival de Música de Cámara da ESMU Magariños de Brión


O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 7 de abril, ás 20:00 horas, a derradeira actuacións do Festival de Música de Cámara (FECAM 2017) da Escola Municipal de Música Magariños. A entrada é de balde ata completar aforo.

Os grupos serán os protagonistas da xornada do venres, xa que ata sete agrupacións musicais (de entre 5 e 10 artistas) interpretarán dúas pezas. A diferenza dos concertos anteriores, nos que a música clásica era a absoluta protagonista, nesta ocasión interpretaranse temas do pop-rock actual (como It´s a heartache de Bonnie Tyler, My Way de Frank Sinatra ou What a wonderfuld world de Louis Armstrong) combinados con temas folk como Amazing Grace.

O Festival está organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.