Este sábado 8 de abril terá lugar no parque periurbano de San Roque a partir das 11 horas unha nova conmemoración anual do Día da Árbore.
Participarán arredor de 150 pequenos procedentes da escola infantil municipal, a gardería Barbanziños e a ludoteca Xardín Ventureiro.
Coa axuda dos seus pais e nais, cada rapaz plantará un pequeno piñeiro en tanto que os profesores plantarán en común unha árbore de sombra de maior envergadura.
O acto finalizará cun contacontos.