O evento terá lugar este venres pola mañá
Arredor de 200 rapaces van participar este venres 7 de abril na Fieiteira no VI Torneo Deportivo Panos Brancos contra a Droga Riveira 2017.
Para ofrecer detalles desta actividade compareceron hoxe no Concello Fernando Alonso en representación da Fundación Galega contra o Narcotráfico; María González e María Quintela pola Asociación Antidroga Renacer; José Manuel González polo colexio Galaxia; e o alcalde Manuel Ruiz.
Participarán no acontecemento alumnos de ESO de cinco centros educativos pertencentes a Riveira (colexios Galaxia e Bayón), Vilagarcía de Arousa (IES Fermín Bouza Brey), Cambados (IES Francisco Asorey) e O Grove (IES Monte da Vila). Os deportes a que vai dar cabida o torneo son fútbol, baloncesto e atletismo a través de equipos mixtos por cada centro.
Panos Brancos principiará as 10.30 horas e concluirá ás 12.30 horas. A continuación terá lugar o acto de clausura incluíndo a entrega de trofeos e agasallos e a simbólica firma da bandeira branca contra a droga por deportistas e convidados.
Tal e como referiu Fernando Alonso durante a presentación, iniciativas como este torneo deportivo son concibidas en colaboración cos centros educativos como instrumentos de sensibilización especialmente dirixidos aos máis xóvenes, buscando un posicionamento activo dos mozos e mozas a prol dunha vida saudables.
Os alí presentes quixeron convidar á veciñanza a que acudan á Fieiteira para respaldar coa súa presenza este evento.