Friday 22 de November de 2024

Os 20 concellos bañados polo Ulla traballan xa no diseño dun sendeiro de gran percorrido pola beira do río dende Antas do Ulla ata Vilagarcía de Arousa


O programa Goza do Ulla 2017 comenzará por primeira vez no nacemento do río, no mes de maio, e rematará na desembocaduraen outubro

Os 20 concellos bañados polo río Ulla (Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira, Rianxo e Vilagarcía de Arousa) puxeron hoxe en Touro as bases para traballar de diseño dunha gran ruta de sendeirismo contínua pola beira do río dende o seu nacemento ata a sú desembocadura. Alcaldes e representantes dos 20 concellos reuníronse hoxe no novo Centro de Interpretación do Río Ulla, ubicado na área de servizos de Fonte Díaz. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, exerceu de anfitrión. Neste encontro sentaron as bases como comenzar os traballos para fixar una ruta turística que sirva como buque insignia de promoción desta zona que acolle a 20 concellos e que afecta a tres provincias galegas (A Coruña, Lugo e Pontevedra).
Os 20 concellos tamén estiveron programando o Goza do Ulla 2017, que será a súa séptima edición. Por primeira vez, a programación de rutas será contínuo dende Antas de Ulla ata Vilagarcía. A primeira ruta comenzará na desembocadura e a última será en Vilagarcía de Arousa. A presentación oficial do programa oficial Goza do Ulla 2017 será no concello lucense, previsiblemente a inicios do mes de maio. As rutas comenzarán nese mes da primavera e rematarán en outubro.
Pero os 20 concellos quedaron de comenzar a traballar en firme no deseño dunha gran ruta fluvial de sendeirismo que percorra o cauce dente o nacemento a súa desembocadura. Xa hai un traballo sobre o trazado dunha ruta dos concellos bañados polo Ulla que pertenecen a Área de Santiago de Compostela, que podería servir de base. Agora os representantes dos 20 concellos acordaron definir trazados, aproveitando os ya existentes e marcando novos sendeiros. Tamén decidiron solicitarlle ás administración, fundamentalmente á Xunta de Galicia, axuda para axilizar os permisos para marcan novos itinerarios, sempre baixo a premisa de respetar o medio natural, un dos principais reclamos do programa Goza do Ulla. Nunha próxima reunión xa se avanzará sobre ese gran trazado. Un dos obxectivos é incluir esta ruta no Programa Caminos Naturales, dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, que conta con 9.460 quilómetros de camiños naturais a longo da xeografía española.
Cada concello dos hoxe presentes comprometeuse a definir un posible trazado pola beira do Ulla e polo seu territorio, sempre o máis próximo, na medida das posibilidades, ao cauce do río. Os concellos implicados consideran que definir o sendeiro fluvial de gran percorrido é o paso fundamental para promocionar a zona. A intención é que o Ulla sexa un reclamo turístimo, como o e agora a Ribeira Sacra, por exemplo. Non fixaron prazos, pero a intención e que ao longo deste ano esté xa marcada a gran ruta e presentala como unha iniciativa conxunta. Os asistentes fixeron unha aposta decidida por consolidar este proxecto que pretende poñer en valor, promocionar e proxectar o rico e valioso patrimonio dos territorios que percorre o río Ulla. Tamén acordaron apostar pola implicación das diferentes administración no finanzamento, promoción e visibilidade tanto do programa ‘Goza do Ulla’ como na iniciativa do gran sendeiro fluvial do Ulla. Os representantes dos 20 concellos consideran que o trazado serviría de “eixo vertebrador” turístico para a promoción dos recursos naturais e patrimoniais do Ulla.