A Deputación da Coruña recibiu ao Club Halterofilia Coruña que este ano foi o único club de España con dous equipos clasificados para participar no Campionato de España – Copa SM O Rei en categoría masculina. O de categoría A logrou o primeiro posto (medalla de ouro) e outro quedou décimo primeiro.
En categoría feminina, o club conseguiu tamén a medalla de bronce do Campionato de España por Federacións – Copa SM da Raíña.
A vicepresidenta da institución provincial, Mariel Padín, felicitou a todos os integrantes da entidade polas vitorias deste ano e animounos a seguir traballando deste xeito.