O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá mañá xoves 6 de abril, ás 20:00 horas, a segunda das tres actuacións do Festival de Música de Cámara (FECAM 2017) da Escola Municipal de Música Magariños, que rematará o venres á mesma hora e no mesmo escenario. En ambos casos a entrada é de balde ata completar aforo.
No concerto de mañá xoves tomarán parte un total de 48 alumnos e alumnas, que interpretarán un total de 20 pezas. A diferenza do primeiro concerto, este segundo será moito máis animado e con moitas pezas moi coñecidas para o público en xeral. Mozart será o artista máis interpretado, ata en catro ocasións, pero tamén compre salientar a presenza de pezas tan populares como: Bolero (Ravel), La donna é mobile (Verdi) ou Toreador (Bizet).
O Festival está organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.