O vindeiro venres, 7 de abril, ás 19:00 horas no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal terá lugar a Gala Anual do Atletismo Galego coa presenza de destacados atletas e personalidades do ámbito social, político e empresarial.
O evento organizado pola Federación Galega de Atletismo e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal premia as/aos mellores atletas de Galicia que alcanzaron numerosos éxitos no ano 2016, tamén se recoñece o labor doutros colectivos federados como xuíces, adestradores e clubs, que destacaron polo seu labor e os seus éxitos.
Ademais, a Federación Galega de Atletismo recoñecerá publicamente a colaboración que recibiu de numerosas entidades, públicas e privadas.
Ao acto asistirán numerosas personalidades políticas e empresarial. O Concello da Pobra, un concello comprometido por o deporte e que xa organizou numerosas competicións de atletismo e sacado atletas locais de nivel internacional, é o encargado de acoller este evento, que ano tras ano cambia de sede por diversos concellos de Galicia.
Recoñecerase o labor de máis de 100 atletas galegos e elixiranse aos mellores atletas de Galicia do 2016 cunha distinción especial.
A carga será presentada polo famoso presentador deportivo da TVG Terio Carrera.