Saturday 28 de September de 2024

A remodelación do campo da Guía de Carreira alcanza un fito decisivo coa colocación do céspede artificial


As obras de remodelación do campo de Guía en Carreira veñen de alcanzar un punto esencial no seu desenvolvemento coa instalación do céspede artificial no terreo de xogo.

Operarios da empresa Canarga están a realizar estes traballos, que abranguen tamén a zona perimetral de seguridade.

O proxecto técnico inclúe tamén a instalación dunha barandilla perimetral, porterías regulamentarias homologadas para fútbol 11 e fútbol 7 e banderíns nas catro esquinas.

A actuación está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación Provincial da Coruña e teñen un orzamento de
207.219 euros. A súa execución é froito do acordo que Concello e Atlético Carreira alcanzaron no 2015 un acordo en virtude do cal este último lle cede ao ente local o campo da Guía co compromiso de realizar as obras que se están materializando.