Friday 22 de November de 2024

A Mancomunidade de Ordes adxudica o Servizo de Axuda a Domincilio


O pleno do mes de marzo da Mancomunidade de Ordes acordou a adxudicación do Servizo de Axuda a Domicilio (SAF). O importe desta ascende a 12,40 € á hora (IVE non incluído), ao longo dun período de nove meses que arrancará o vindeiro 1 de abril. Según datos rexistrados o ano pasado en total prestouse servizo durante 39.000 horas.
Trátase dunha das prestacións máis importantes dentro da área de Servizos Sociais, da que que o ano pasado se valeron 106 persoas, número que se verá incrementado según as previsións. Ordes, Frades e Oroso son os concellos suxeitos a este servizo dentro do ente supramunicipal, aberto tanto a dependentes como a prestacións básicas (libre concorrencia). A financiación vén dada pola Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, os mesmos concellos, ademais do copago prestado polos usuarios e usuarias.
Con este servizo garántense as atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, perseguindo co seu carácter preventivo, socioeducativo, asistencial e integrados obxectivos que pasas por:

• Garantir os dereitos das persoas en situación de de pendencia, nos termos sinalados na Lei 39/2006 e demais decretos e normas que a desenvolven.

• Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

• Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

• Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

• Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

• Previr situacións de dependencia ou exclusión socia

• Retardar ou evitar, na medida do posible, a institucionalización.

• Implicar as persoas destinatarias do servizo na resolución da súa problemática persoal e familiar.