Friday 22 de November de 2024

A Xunta chega a un acordo co Tecor de San Fernando- Vicente para modificar os lindes do coto en Novo Mesoiro


A directora xeral do Patrimonio Natural mantivo esta tarde unha reunión con membros deste tecor para consensuar as medidas que garanta o equilibrio da práctica da caza coa seguridade dos veciños deste barrio da Coruña

A Xunta de Galicia chegou esta tarde a un acordo cos membros do Tecor (terreos cinexéticamente ordenados) de San Fernando- Vicente para modificar os lindes do coto.

A directora xeral do Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, e o presidente do Tecor San Fernando-Vicente, Hector Gromaz Boedo, mantiveron unha reunión na que consensuaron as medidas para conciliar a práctica da caza nestes terreos coa seguridade dos veciños do barrio de Novo Mesoiro, na Coruña.

A directora xeral destacou a predisposición dos membros deste tecor, xa que voluntariamente ampliarán a superficie de vedade en 65,82 ha, polo tanto esta superficie pasará dun 10% a case un 17%, co que se incluiría a totalidade do barrio de Novo Mesoiro dentro das zonas vedadas do coto. O coto privado de caza “San Fernando – Vicente” C-10.127 ocupa unha extensión de 972 hectáreas, polo que con esta modificación quedan vedadas para a caza un total de 163,44 ha, superando de xeito holgado a superficie mínima que marca a Lei de Caza (que é dun 10%).

Na actualidade, dentro dos lindeiros do tecor atópase o barrio de Novo Mesoiro, sen que ningunha das zonas vedadas afecte ao barrio; polo que non existía prohibición para a práctica de actividades cinexéticas na súa contorna, excepto o estipulado para as zonas de seguridade na normativa de caza. Non obstante, coa medida acordada hoxe alonxarasen os limites das zonas de caza respecto das vivendas a unha distancia considerable.

A Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, ademais de prohibir a caza nos terreos non cinexéticos, tamén o prohibe nas zonas próximas aos mesmos, ao clasificar como zona de seguridade os terreos localizados nunha franxa de 100 metros en todas as direccións, tomándose como referencia no caso de núcleos de poboación, as construcións máis exteriores.

Ana María Díaz tamén salientou a actitude colaboradora dos membros do tecor de San Fernando que suman ao acordo a inclusión da supresión da caza maior dentro do coto, co que se reducen os riscos para os veciños.

Por último, os responsables do tecor manifestaron que asumirán o compromiso de cambiar toda a sinalización do coto, instalando nova carteñlería que indique os límites das zonas de caza.