Saturday 16 de November de 2024

Primagas organiza unha gran festa con maxia e actividades para nenos o próximo domingo coincidindo coa Feira de Paiosaco (A Laracha)


Paiosaco vivirá unha celebración o 2 de abril para celebrar a chegada de Primagas a Galicia, no Campo da Feira, a partires das 10:30 h.

Paiosaco, no Concello da Laracha, vivirá o próximo domingo, 2 de abril, a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.
A Festa Primagas comezará ás 10:30 horas e celebrarase no propio Campo da Feira, coincidindo con mercado quincenal.
Entre os seus atractivos estarán a actuación do mago Martín Camiña e de distintos grupos locais. Tamén haberá unha degustación de filloas, inchables para os cativos e xogos populares, entre outras actividades.
Toda a recadación acadada nos postos destinarase á Asociación de Discapacitados ADISMA. A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello da Laracha.
Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas leva o gas a Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

Sobre Primagas
Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.
Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por unha nómina de 50 persoas e unha extensa red de instaladores acreditados repartidos porlo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas ubicadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e máis Segovia.