Os alumnos da Aula Galega de Saxofón ofreceron este fin de semana dúas novas audicións no marco do ciclo Primavera Musical que organiza o Conservatorio de Riveira.
Os intérpretes (procedentes de distintos puntos xeográficos como Riveira, Rianxo, Santiago, Pontevedra, Vigo, Tomiño, Cambados, Valladares, Catoira, Marín e Ribadumia) estiveron acompañados para a ocasión polo pianista Mario Molina Gómez.
O mestre Rodriga Vila, profesor do conservatorio mallorquino, volveu a exercer de profesor despois de dous meses con David Brutti.