O Centro Cultural Lustres Rivas vai ser escenario a partir do vindeiro 7 de abril dunha nova exposición titulada “O cangrexo verde”: unha mostra de pintura e escultura obra dos artistas muradanos Fernando e Roque Rey.
O acto inaugural terá lugar o propio venres 7 de abril ás 21 horas. A entrada será gratuíta.