Friday 22 de November de 2024

1.583 euros recadados no Festival Solidario a favor da Biopsia Líquida


O Concello doará ademais outros 3.000 euros a Oncomet

O Auditorio Municipal de Riveira rexistrou un cheo con motivo da celebración do Festival Solidario a prol da Biopsia Líquida: unha iniciativa organizada polo Concello a través das Servizos Sociais co obxectivo de apoiar o labor investigador de Oncomet e a súa campaña de micromecenado.

En total foron recadados un total de 1.583 euros: unha cifra mesmo superior ao resultado de multiplicar o donativo de 5 euros solicitado polas 277 cadeiras do patio de butacas. A maiores e segundo desvelou o condutor do festival, o xornalista riveirense David Bello, o Concello contribuirá con outros 3.000 euros a esta causa solidaria.

Ao longo das 3 horas do evento foron subindo ao escenario un total de once grupos e artistas do municipio para demostrar o seu talento e bo facer. Corais, música galega tradicional, baile infantil e xuvenil, piano, pop en directo… houbo modalidades para todos os gustos.

A orde da intervención dos intérpretes foi a seguinte:

1. Grupo Bailadela de pandereteiras
2. Grupo de Baile Infantil da Asociación Alfaia
3. Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón
4. Grupo de Cantareiras do Centro da Terceira Idade Santa Uxía
5. Grupo de Cantareiras Aires da Barbanza da Asociación de Amas de Casa de Riveira
6. Grupo de Música Tradicional Tahume de Olveira
7. Rondalla Albéniz de Aguiño
8. Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira
9. Coral Polifónica Municipal de Riveira
10. O pianista do Conservatorio Municipal de Riveira Yuri Durán Castro
11. O cantautor de Aguiño ÁlexMillet