Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, informou por carta a unha muller en situación de vulnerabilidade, que se lle acaba de adxudicar unha vivenda na localidade coruñesa de Cerceda.
A Comisión de Vivenda da provincia da Coruña estudou o caso e propuxo a adxudicación directa dun inmoble, en réxime de alugueiro. A citada vivenda é propiedade da Abanca e cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.