Saturday 16 de November de 2024

Catro montaxes integrarán a décima edición da Mostra de Títeres de Riveira


Un ano máis, o Concello de Riveira vén de programar a Mostra de Títeres que dende fai xa unha década achega á nosa cidade unha escolma das mellores montaxes de monicreques a representar nos escenarios da nosa comunidade. A concelleira de Cultura i Educación, Herminia Pouso, foi a encargada de presentar unha programación integrada por catro montaxes incardinados no mes de abril, Mes dos Libros, nos que se conmemoran os Días do Libro Infantil e Xuvenil.

Nesta ocasión contaremos con compañías da nosa terra e de fora de Galicia, concretamente, cunha madrileña Hilando Títeres e outra radicada aquí pero cuxas compoñentes son vascas, Larraitz Urruzola, así como A xanela do maxín que ademais de “Murmurio do Mar” porá en escena a súa nova montaxe combinando monicreques e música en directo baixo o título “As aventuras de Gale”.

As funcións levaranse a cabo no Auditorio Municipal todos os sábados de abril ás 19 horas –agás o 15 de abril, por ser Sábado de Páscoa e cadrar en plenos festivos de Semana Santa. As entradas –gratuítas- poderán recollerse media hora antes de cada función ata encher aforo, priorizando o público infantil, un neno por adulto en caso de cheo do salón de actos.

CALENDARIO ACTUACIÓNS da X MOSTRA DE TÍTERES:

Sábado 1 DE ABRIL
HILANDO TÍTERES de Madrid
“JUAN FERON & LOBO LÓPEZ”.

Sábado 8 DE ABRIL
TÍTERES A XANELA DO MAXÍN
“O MURMURIO DO MAR”
Cancións e contos mariñeiros.
Sábado 22 DE ABRIL
TÍTERES A XANELA DO MAXÍN
“AS AVENTURAS DE GALE”
Con música en directo.

Sábado 29 DE ABRIL
LARRAITZ URRUZOLA
“A VIAXE DE ROSALÍA”.