Friday 22 de November de 2024

Un total de 35 veciños e veciñas participaron no Mes da Saúde do Concello de Frades, con catro xornadas no Hotel Balneario Compostela (Brión)


Un total de 35 veciños e veciñas participaron no programa “Mes da saúde”, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que incluíu catro xornadas nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión). Os veciños e veciñas saíron de Frades ás 15:00 horas nun autobús posto á súa disposición polo Concello de Frades e que os foi recollendo polas distintas parroquias.

Unha vez en Brión, os maiores, equipados con traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina, desfrutaron dun circuíto termal que incluíu piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes. Unha rutina que se repetiu durante os catro martes deste mes de marzo. Os veciños e veciñas participantes tiveron que aboar unha cota de 10 euros por xornada, xa que o Concello de Frades subvencionou o 70% do custo da iniciativa.