Multas de 150 euros aos infractores e de 501 a 5.000 a reincidentes
O Concello está decidido a acabar coa mala práctica dalgúns donos que deixan os excrementos dos seus cans na vía pública e, con tal motivo e vistas as reiteradas demandas da cidadanía neste senso, a Policía Local vai emprender unha campaña destinada a controlar e sancionar esta conduta incívica.
Neste senso, axentes de paisano van velar no municipio por que se respecte a normativa. Moveranse por distintos puntos e ás persoas que a incumpran lles será de aplicación as sancións dispostas na Lei 1/93 de Protección de Animais Domésticos e en Cautividade de Galicia.
Así, aqueles que sexan collidos in fraganti por primeira vez serán multados con 150 euros, mentres que os infractores reincidentes (que repiten o mesmo feito en menos de 365 días) serán sancionados con contías que poden ir entre os 501 e os 5.000 euros.
Cómpre recordar que o Concello emprendeu hai tres anos unha intensa campaña de concienciación sobre esta temática, pero se segue a constatar a persistencia dunha conduta inapropiada que redunda en prexuízo dos veciños e viandantes.