Friday 22 de November de 2024

Internet de alta capacidade no Polígono Industrial


As empresas situadas en Merelle xa poden contratar fibra óptica con 350 Mbps de baixada e 35 de subida, ademais doutros servizos especiais. A medida responde á convocatoria de axudas concedidas pola Xunta

O parque empresarial de Ordes xa dispón da cobertura que lle brinda a nova rede obtida grazas á convocatoria de axudas concedidas pola Xunta de Galicia en xullo de 2016, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia. A empresa encargada de levar a cabo esta medida é o operador R Cable e Telecomunicacións Galicia S.A. Deste xeito as empresas do recinto situado en Merelle xa poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Tamén se ofrecen novos servizos de valor engadido en promoción para as empresas, coma a videoconferencia dende a nube ou os servizos da industria 4.0, orientados á eficiencia enerxética, servidores virtuais, analítica de datos ou control de intrusións nas edificacións, entre outros. E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON…), que levan a fibra óptica ata a propia empresa.
As empresas interesadas na contratación do servizo, poden facelo chamando directamente ao número gratuíto 1445 de atención ao cliente de R. Para máis información tamén se pode contactar coa Oficina do Plan de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.