Buscando mecenas na Pobra do Caramiñal
Jardín Valle-Inclán
POBRA DO CARAMIÑAL
17.00 a 19.00 horas
Mesa informativa
Voluntarios colaboradores co grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela Oncomet informarán da campaña de micromecenado posta en marcha por este grupo de investigación coa que pretende involucrar a todos os cidadáns na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.
As mesas informativas situaranse de 17,00 a 19,00 horas no Jardín Valle-Inclán.
Todos aqueles interesados en colaborar nesta campaña de micromecenado que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica poden a través da web www.oncomet.es ou chamando ao 981 955 344.
A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación
20.00 horas
Auditorio Museo Valle Inclán
Conferencia-coloquio
Galicia na vangarda da investigación oncolóxica
O Auditorio Museo Valle Inclán acollerá unha conferencia na que Miguel Abal, investigador de Oncomet, explicará os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.
Precisamente para continuar coa súa liña de investigación en biopsia líquida, Oncomet está a desenvolver unha campaña de micromecenado coa intención de conseguir 500.000 euros destinados á compra de aparatos e á contratación do persoal necesario para seguir a investigar. A campaña está a bater records de recadación cidadá.