Friday 22 de November de 2024

O CIM de Ordes imparte unha xornada sobre violencia no ámbito familiar a persoal de axuda a domicilio de Oroso


Persoal do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes impartiu onte xoves no centro cultural de Sigüeiro a xornada “A violencia no ámbito familiar”. Unha xornada na que tomaron parte unha ducia de auxiliares do servizo de axuda no fogar en Oroso e que foi presentada pola concelleira de Benestar Social, Ensino e Atención ao menor, Beatriz Rodeiro Fernández.

Durante a xornada, persoal do CIM de Ordes facilitou ás presentes información sobre a identificación e abordaxe das situacións de violencia no ámbito familiar (violencia de xénero, maltrato a maiores ou a persoas con discapacidade); tipoloxía de violencia, orixe, perfil das persoas que maltratan e das vítimas, medios para previla, detectala e intervir, así como consecuencias da violencia e recursos existentes para combatela. Unha xornada na que tomaron parte once persoas auxiliares do servizo de axuda no fogar que prestan este servizo a persoas residentes en Oroso.