A sala municipal de exposicións de Brión acollerá este venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación do último libro do escritor Xulio Cid Neira: “Expreso e outros poemas da vía”. O escritor estará acompañado polo alcalde de Brión, José Luís García, e polo profesor Xesús María Sambade Soneira.
“Expreso e outros poemas da vía”, editado por Editorial Círculo Rojo, é un libro que recolle unha serie de poemas inspirados en recordos da infancia e mocidade do autor no barrio ourensá do Pino, que fica ao pé da liña ferroviaria da estación Ourense-Empalme. Xulio Cid Neira, nado en Ourense e residente en Ames, está vinculado profesionalmente con Brión, onde leva once anos traballando no seu instituto.