Saturday 16 de November de 2024

Un investimento de máis de 400.000 euros convertirá o Francisco Vales Villamarín de Betanzos nun centro de referencia


Someterase a unha reforma integral que inclúe o illamento da fachada, a renovación da carpinteira metálica, a instalación de novas luminarias e o pintado

A Xunta de Galicia anunciou hoxe unha inversión de máis de 400.000 euros no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos, con que o Goberno galego cumpre co seu compromiso de transformar o centro betanceiro nunha referencia do mapa educativo da provincia. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou o esta mañá o comezo do proceso, no transcurso dunha visita ao colexio.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asumirá o custe dos traballos, que consisten no illamento da fachada, a renovación completa da carpintería metálica, a substitución das luminarias por outras de tecnoloxía LED, máis eficientes e menos contaminantes, e o pintado de todo o interior do centro. Ademais da rehabilitación integral do colexio, os traballos previstos supoñen unha importante achega á eficiencia enerxética do edificio e, xa que logo, un considerable aforro en consumo. “Nada mellor que un centro educativo para que os rapaces adquiran conciencia da importancia de aforrar e racionalizar a enerxía e de coidar o medio ambiente”, manifestou.

Ovidio Rodeiro destacou que esta actuación “ven a demostrar o inequívoco compromiso da Xunta coa cidade de Betanzos e a decidida aposta do Goberno galego por levar ao sistema educativo público galego ás máis altas cotas de calidade e eficiencia”. O delegado explicoulle polo miúdo ao alcalde, José Ramón García, ao director, aos mestres e ao persoal administrativo a planificación dos traballos, deseñada para que interfira o menos posible a vida académica do centro. Neste sentido pediu á comunidade educativa “colaboración e comprensión polas molestias que obras de estas características sempre levan aparelladas”.

Técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañaron ao delegado na visita e explicaron cales son as actuacións previstas, a súa programación e as medidas que se adoptarán para evitar que os traballos afecten ao desenrolo académico de alumnos, profesores e persoal auxiliar. Ovidio Rodeiro comprometeuse a repetir a visita cando as obras estean rematadas para comprobar o resultado final das mesmas.