A OBRA DE CARLOS SEOANTE COMPITE NA CATEGORÍA EDIFICIOS CULTURAIS CON OUTRAS 57 ACTUACIÓNS DE 9 PAÍSES HISPANOFALANTES
O premiado Centro Social de Oleiros deseñado polo arquitecto Carlos Seoane aspira a unha nova distinción ao ser nominado nos premios ‘Obra del Año 2017” promovidos por ArchDaily (http://www.archdaily.com/): a web especializada en arquitectura máis importante e visitada do mundo con medio millón de lectores diarios e arredor de 160 millóns de páxinas vistas cada mes no 2016. Ten versións en inglés, español, portugués e chino.
O edificio enclavado na parroquia de San Martiño de Oleiros e que foi construído no marco do proxecto Riveira Atlántica 2015 aspira a conseguir o galardón na categoría “Edificios Culturais”, ao que se postulan un total de 58 actuacións realizadas en España e 8 países de Latinoamérica: Arxentina, Colombia, Costa Rica, Chile, Uruguai, Perú, Ecuador e México. A listaxe completa pode ser consultada neste enlace:
http://oda.plataformaarquitectura.cl/cl/2017/category/Arquitectura%20Cultural.
Entre as obras nominadas figuran obras como o Centro Pompidou de Málaga, o Museo Violeta Parra en Chile, o Palacio de la Cultura y la Comunicación en México, Pabellón Experimental del Ladrillo en Arxentina, Centro Cultural y Sede de Empresas Públicas en La Ceja (Colombia) ou Centro de Bienvenida Reserva Biológica Dr. Luis Fournier en Costa Rica, entre moitos outros.
Os lectores serán os que distingan aos vencedores e para iso se pode votar á obra riveirense neste enlace:
http://oda.plataformaarquitectura.cl/cl/2017/candidates/107194/centro-social-de-riveira-slash-carlos-seoane previo rexistro en http://my.archdaily.com ou http://my.plataformaarquitectura.cl
Premios COAG e FAD
Trátase dunha nova xesta para un edificio que en 2015 gañou nos Premios COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na categoría Equipamentos e tamén foi destacado polos prestixiosos Premios FAD: o máis importante galardón para España e Portugal.
A edificación consta de dous volumes dunha soa planta dispostos en “L”. Cada un deles ten un carácter distinto: un lonxitudinal a modo de fondo de praza onde se sitúan todos os despachos e espazos máis convencionais; e un segundo, situado no borde norte da parcela, concibido como un espazo flexible e divisible mediante tabiques móbiles. Este último volume pódese abrir ao exterior permitindo unha maior versatilidade de usos, incluso para dar cabida a actividades culturais abertas á nova praza de 990 metros cadrados aproveitando a diferenza de cota sobre a mesma.