O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acudiu ao CEIP López Ferreiro para inaugurar a nova zona de xogo infantil do centro. Estivo acompañado polo seu director e por un grupo de alumnos e alumnas de primeiro curso de Educación Infantil.
Manuel Dios informou aos medios sobre a remodelación do parque infantil realizada pola empresa encargada do mantemento dos centros, Espina y Delfín, cun custo de 12.000 euros. Asegurou que “é o primeiro dunha serie de remodelacións que imos acometer en todos os centros escolares”, asegurou o concelleiro. A previsión é que neste ano se poidan realizar oito máis, que irán desenvolvéndose “en función do deterioro dos mesmos e do que indiquen os informes técnicos”.
Entre os arranxos que se levaron a cabo na zona de xogo infantil do López Ferreiro destaca o cambio de todo o chan para facelo máis adaptable as condicións meteorolóxicas e á drenaxe da auga e tamén o amaño dalgúns defectos estruturais para mellorar a comodidade dos nenos e as nenas.