Saturday 16 de November de 2024

Cheo total no espectáculo infantil a prol da dinamización do uso da lingua galega do pasado sábado na Biblioteca de Riveira


Un total de oitenta persoas encheron o pasado sábado a Biblioteca Municipal para asistir ao espectáculo infantil “A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo” que, promovido pola Deputación coa colaboración do Concello, correu a cargo de Duende Sico.

A acción foi promovida dentro da campaña de dinamización de uso da lingua galega “Coa lingua fóra” e congregou a nenos e nenas de 3 a 12 anos xunto con adultos acompañantes. Ao rematar o espectáculo acolleu unha actividade didáctica consistente nun obradoiro de construción de marcapáxinas.

As accións de normalización continuarán o vindeiro 25 de marzo coa actividade “Esperiventos de Valle-Inclán”, con Electra Menéndez, a iniciativa da Concellería de Educación. Será ás 12 do día na Biblioteca Municipal e tamén estará dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos con adultos acompañantes.