Friday 22 de November de 2024

Touro constrúe unha senda peatonal entre Millán e o local social de Vilar para mellorar a seguridade vial dos veciños


O Concello de Touro traballa na construcción dunha senda peatonal entre a localidade de Millán e o local social de Vilar. A nova infraestructura, que redundará na seguridade vial dos veciños desta zona, vai nun tramo en paralelo á estrada que une o Empalme de Vilar e a aldea de Merés e que discurre sempre próxima ao río Ulla. A senda peonil, que estará lista nas próximas semanas, conta con presuposto de 32.000 euros para a súa execución. O Concello de Touro traballa na posta ao día das infraestructuras viais para mellorar así a calidade de vida dos veciños que viven no seu rural. Xa foron executadas diversas sendas peatonais, entre elas a que vai dende Fonte Díaz ata o Empalme de Vilar, e que vai en paralelo á AC-240, vía que percorre o Concello de Touro. O Concello tamén traballa na mellora das beirarrúas de Fonte Díaz e doutras localidades.