Milleiros de visitantes asistiron á última xornada da XIX Festa do Lacón con Grelos. Carreiras de cabalos, probas de agility canina, música, artesanía, gando, agroecoloxía, cetrería e moito máis no programa
O Mesón do Vento acolleu neste día a miles de visitantes que non deixaron pasar por alto a segunda xornada da XIX Festa do Lacón con Grelos. Unha exhaltación gastronómica que hoxe viviu o seu día grande cun amplo programa cheo de actividades.
Veciños, veciñas e visitantes encheron o recinto feiral e os bares e restaurantes da zona, dando boa conta dos 2.500 quilos de reacións deste prato tan importante na cociña galega. Na nave de gando pudéronse ver cachenas, limusinas, porcos celtas, burros, cabalos de raza galega, ou galiñas de Mos. Ademais tamén se celebrou a I Feira Agroecolóxica onde tamén se puideron adquirir e pezas artesanais. Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como o resto do seu equipo non perderon a oportunidade de acudir a esta cita tan sinalada.
A xornada abriu cunha exposición de cetrería e concentración moteira, ademais de probas de andadura puntuables para o XX Campionato Galego, probas de agility canina, carreiras libres e de burros e actuacións musicais en directo.