O Concello de Frades organiza un curso de condutor de carretilla, dirixido a persoas que desexen formarse para traballar como operadores de carretilla de manutención ata 10.000 kg. Un curso de 20 horas presenciais que será impartido de acordo á Normativa UNE 58451:2016, polo que o alumnado estará capacitado para traballar con carretillas tipo 3 (transpaletas, apiladores…) e tipo 4 (carretillas elevadoras).
O curso será impartido en dous venres e sábados do mes de abril, en horario de 16:00 a 21:00 horas (venres) e de 9:00 a 14:00 horas (sábados). O prezo do curso é de 140 euros e aqueles alumnos e alumnas que o superen recibirán un diploma acreditativo de ter superado a formación segundo a UNE 58451:2016. Máis información e inscricións no Concello de Frades ou no 981 695 567.
Contido do curso
No curso, o alumnado coñecerá as modalidades, condicionantes e riscos asociados ás distintas operacións de manipulacións de cargas do seu traballo de acordo aos equipos usados e as contornas de traballo nas que se opera de forma máis habituais. Unha formación que os capacitará para efectuar o seu traballo sen poñer en risco nin á súa propia persoa, nin ás persoas da súa contorna, nin ás cargas que manexa ou as instalacións na que opera.
O curso conta con 20 horas lectivas, dez teóricas e outras dez prácticas. Nestas últimas, o alumnado traballará con apiladores e carretillas para practicar tanto as manobras sen carga como as operacións de carga e carga de camións, o apilado ou o retirado de cargas en superficie libre, entre outras.