O Auditorio Municipal de Riveira serviu de escenario esta tarde para a homenaxe que o Concello de Riveira efectuou ás amas de casa con motivo do Día Internacional da Muller.
Na celebración, á que asistiron máis dun cento de persoas, serviu para obsequiar e agasallar tanto as integrantes da xunta directiva da Asociación de Amas de Casa, comezando por Magdalena Bringas Miralles; como a distinguir a algunhas das amas de casa máis veteranas das diferentes parroquias, sendo a decana de todas elas Consuelo, de 101 anos de idade.
O acto organizado pola Concellería de Igualdade e Servizos Sociais a través do CIM contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz e da edil Magdalena Bringas. E tamén da directora do CIM, Dolores Crujeiras, quen leu un poema composto para a ocasión polo traballador do Concello Santi Páramo.
A nota musical púxoa o grupo de cantareiras Aires do Barbanza da Asociación de Amas de Casa con varias intervencións musicais ao longo do evento.
Manuel Ruiz quixo felicitar a todas as mulleres e en especial ás amas de casa por todo o que aportan á sociedade. Tamén dedicou palabras de eloxio a Magdalena Bringas, quen recibiu un estrondoso aplauso de parte do público congregado.