O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, agradeceu a presenza de Sotelo, que “é un exemplo de superación dunha muller que triunfa nun mundo, como é a alta cociña, no que a maioría das “Estrelas Michelín” son homes
O Concello de Cambre celebrou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que padecen as mulleres no que Beatriz Sotelo, a afamada cociñeira cambresa, foi a protagonista.
A Corporación reclamou a igualdade salarial no mercado laboral para mulleres respecto dos homes, e o final da discriminación por razón de sexo ou outros actos machistas.
O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, agradeceu a presenza de Sotelo, que “é un exemplo de superación dunha muller que triunfa nun mundo, como é a alta cociña, no que a maioría das “Estrelas Michelín” son homes.
“Está nas nosas mans darlle a volta a esta situación. Nas nosas e nas dos gobernantes a nivel estatal que teñen ferramentas na súa man, armas lexislativas, para mellorar a situación laboral da muller”, apuntou.
Póla súa banda, Sotelo asegurou que “as mulleres temos que reivindicar o noso e ante todo temos que ser feministas e inundar o mundo de feminismo. Sí, señoras e señores, feminismo”.
A concelleira de Igualdade, María Jesús Gómez, lembrou a lacra da violencia machista. “Algo está a fallar, cando a data de hoxe teñen sido asasinadas polo machismo imperante un total de 17 mulleres. É o peor arranque de ano desde o 2003 e o machismo aínda segue sen ter a consideración de terrorismo”.
No que se celebrou hoxe no salón de sesiónd todas as concellerias da Corporación arroparon a Sotelo no seu discurso e todas as mulleres presentes no acto recibiron unha rosa de mans dun dos concelleiros.