O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida no día de mañá, martes 11 de novembro, a unha nova presentación literaria.
O recoñecido xornalista Alfredo Amestoy presentará ás 20 horas o seu libro de teatro “En el cielo no hay Chanel”, que ten como protagonista á inolvidable actriz Marilyn Monroe.
O acto está coorganizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia e o Concello de Riveira. É aberto e gratuíto.