Friday 22 de November de 2024

Trinta mulleres participan en riveira nun novo curso sobre dependencia e coidados


O Concello de Riveira informa de que esta semana deu comezo nas aulas da rúa Cristóbal Colón o novo curso gratuíto sobre Dependencia e Coidados coa participación de trinta mulleres. Esta acción formativa está organizada pola fundación Humanismo e Democracia (H+D) en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios de Riveira.

Tal foi o éxito da convocatoria que dende a Concellería de Servizos Sociais xa se está preparando un segundo curso cos mesmos contidos para dar cabida a toda a xente que non puido entrar.

Consta de 40 horas teóricas (en horario de 10 a 13 horas) e 10 prácticas co obxecto de formar a profesionais ou familiares que traballen e/ou convivan con persoas dependentes co fin de mellorar a calidade de vida deste tipo de usuarios.

O temario comprende distintas materias como conceptos básicos sobre dependencia, envellecemento activo e prevención de dependencia, problemas asociados á dependencia, recomendacións para o coidador, habilidades sociais, preparación e elaboración de menús, hixiene e medicación, xestión de tempo e solución de imprevistos e orientación laboral.

Na apertura estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño Rey.