Saturday 16 de November de 2024

Medio Ambiente financiará a mellora da depuradora de Meirama, no concello de Cerceda


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mantén unha reunión co alcalde de Cerceda, quen lle trasladou que se trata dunha actuación prioritaria para o municipio

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio financiará a mellora da depuradora de Meirama, no Concello de Cerceda.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladou ao alcalde de Cerceda, José García Liñares, este compromiso de Augas de Galicia para o que se prevé un investimento de 200.000 euros.

O encontro serviu para analizar as necesidades en materia de saneamento deste concello, quen trasladou que unha das actuacións prioritarias e máis necesarias é a que se pretende levar a cabo na depuradora.

Augas de Galicia deberá analizar a situación actual para contar cun informe no que se detalle o funcionamento actual da Edar e valorar as posibles actuacións para garantir a posta en valor desta infraestrutura.

Durante o encontro tamén se abordaron outras actuacións en materia de saneamento como a conexión das dúas depuradoras do concello e o saneamento na vila da igrexa. Augas de Galicia analizara as posibilidades de colaboración para levar a cabo estas actuacións tendo en conta as súas dispoñibilidades orzamentarias.