Friday 22 de November de 2024

RUTA LITERARIA: “Santiago de Compostela: Rosa mística de piedra”


Este venres, día 10 de marzo, a partir das 17:00 horas, terá lugar una nova xira pola Ruta Literaria: “Santiago de Compostela: Rosa mística de pedra”. O punto de reunión para o público interesado en participar será a estatua dedicada ao escritor no Paseo da Ferradura, na Alameda. E como en ocasións anteriores será de balde, e, por razóns de operatividade, ata un máximo de 70 persoas.

Guiados polos comentarios de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, os asistentes poderán percorrer espazos urbanos da cidade monumental nunha proposta alternativa, baseada na antoloxía de citas literarias dun autor protagonista das letras internacionais, que admirado da beleza da capital de Galicia trasladou a diferentes relatos.

Citas que o público escoitará nas voces de distintos colaboradores, como Pilar Sampedro (Ateneo de Santiago), Xoán Xosé Abella (poeta), ou Xaquín del Valle-Inclán (neto e biógrafo). E que poderán seguir, grazas á edición dun plano deste novo roteiro, en versións galega e castelá, editado por INCOLSA – Turismo de Santiago de Compostela.

Coincidindo coa primicia mundial da estrea de “A cabeza do dragón” en galego, haberá lugar á sorpresa. Esta actividade está promovida e é posible sumando a colaboración de:

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Ateneo de Santiago de Compostela
Asociación Amigos de Valle-Inclán de Vilanova
Incolsa – Santiago de Compostela
Excéntricas Produccións
O dereito a asistir a ruta guida otorgarase por orde de chegada, máximo 70 persoas.