O Concello de Riveira informa de que está próxima á súa adxudicación unha actuación dedicada á renovación de servizos e pavimentación da rúa Pinisqueira en Aguiño.
Esta obra, que supón un investimento de 98.732,60 euros, IVE incluído, está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2016. Hai 16 empresas ofertantes.
Na actualidade, a zona de actuación atópase bastante deteriorado, con asentamentos na capa de aglomerado asfáltico. Ademais, o colector de saneamento é de formigón e carece rede separativa de alcantarillado. A rede de abastecemento de auga é de fibrocemento.
O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais persegue substituír a tubaxe de auga existente por outra de polietileno de alta densidade (diámetro de 110 milímetros). Para o saneamento de fecais colocarase un colector de PVC liso de 315 milímetros e para pluviais outro de PVC corrugado de 315 milímetros. Construiranse pozos de rexistro cada 35-40 metros.
Polo que se refire á pavimentación, se empregará unha mestura bituminosa en quente tipo D-12 de 5 centímetros de espesor en toda a superficie da calizada.
O prazo de execución é de catro meses.