Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso conmemorará o Día da Muller con actividades para escolares e a inauguración de dúas exposicións fotográficas


O polideportivo municipal acollerá a primeira das catro sesións do “Curso de defensa persoal para mulleres”

O Concello de Oroso ten previsto conmemorar mañá mércores 8 de marzo o Día Internacional da Muller por partida cuádruple, con actividades para escolares e unha sesión do “Curso de defensa persoal para mulleres” pola mañá, e cun acto público no centro cultural de Sigüeiro ás 19:30 horas no que se inaugurarán de dúas exposicións fotográficas sobre o Día da Muller.

Así, entre as 10:00 e as 12:30 horas, o centro cultural de Sigüeiro acollerá dúas representacións de “Tita”, un espectáculo con monicreques sobre a intelixencia emocional dirixido a alumnos e alumnas de educación infantil. Ás 11:30 horas, o centro deportivo de Sigüeiro acollerá a primeira das catro sesións do “Curso de defensa persoal para mulleres”, unha iniciativa gratuíta impartida por Keysi by Justo Diéguez, que tamén fará unha sesión especial para as alumnas do instituto orosán. Xa pola tarde, entre as 16:30 e as 18:10 horas, o IES de Oroso acollerá o obradoiro “Violencia no namoramento”.

A partir das 19:30 horas, a concelleira da Muller, María del Carmen Liste, presidirá a entrega de premios do VII Concurso de Fotografía “Muller Traballadora” e a inauguración da exposición coas imaxes do certame e da mostra “Homenaxea ás mulleres”, que recollerá imaxes antigas de mulleres traballadoras de Oroso ás que rememorarán os seus propios familiares. En total, setenta imaxes coa muller como protagonista que se poderán visitar no centro cultural de Sigüeiro. A entrada ao acto, no que haberá unha actuación musical a cargo do alumnado da Escola de Música de Oroso, é libre e totalmente de balde.