Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión abre o prazo de inscrición na excursión dos maiores, que terá como destino Torremolinos do 25 de marzo ao 1 de abril


As inscricións poden formalizarse ata o 17 de marzo no Centro Social Polivalente ou no 981 509 910

O Concello de Brión abre hoxe o prazo de inscrición na súa tradicional Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino Torremolinos do 25 de marzo ao 1 de abril. Unha viaxe dirixida a maiores de 50 anos e os seus cónxuxes e/ou parellas, que teñen ata o vindeiro 17 de marzo para anotarse no centro social polivalente ou no teléfono 981 509 910 en horario de 8.30 a 14:30 horas.

O prezo da viaxe é de 435 euros por persoa, que inclúe a viaxe en autobús a Torremolinos, aloxamento e pensión completa en hotel de 4 estrelas, con actividades de animación diarias incluídas. Así mesmo, están programadas unha serie de visitas guiadas a Marbella, Porto Banús, Málaga, Ronda (con visita á praza de touros e á catedral), Nerja (con visita ás covas) e Mérida.

O aloxamento será en habitacións dobres, aínda que se alguén desexa habitación individual pode achegar un suplemento de 160 euros. As prazas do autocar outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.