Veciños e forasteiros achegáronse ata Touro para disfrutar nunha mañán con nubes e chuviscadas dunha das citas clásicas do Entroido do Ulla
A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca del Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron protagonistas. A mañán amenazaba chuvia. A eso das doce concentráronse diante da sede do Concello de Touro. Una ducia de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos e os seus típicos sombreiros adornados de coloridas plumas citáronse para comenzar o desfile. Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Pero a esa hora comenzou a chover. E os ‘xenerais’ prescindiron dos seus traxes e iniciaron o desfile sen eles. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas os nenos e nenas do PAI, integrantes da Banda de Música Isabel II de Touro, o vello dos cornos e outros protagonistas do Entroido do Concello de Touro. E unhas marionetas de ‘xenerais’ da Ulla que lanzaron as súas reivindicacións antes de dar comenzo o desfile.
Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’. Foi unha pena que chovera durante algunha parte do percorrido. Ao longo do traxecto lanzaron varios ‘vivas’. No desfile que saíu e rematou na sede do Concello de Touro tamén participaron nenas e nenos cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes celébrase en Fonte Díaz unha feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de febreiro está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz. O Concello de Touro despide así o entroido ata o 2018.